Frade antes que cociñeiro.

Este dadaísmo vital que podería definir o modus vivendi deste que escribe, ten explicacións varias e sempre indefinidas. As causas e cousas que orixinaron un presente inestable fóronse asentando con bo corazón aló onde dictaba o instinto. A día de hoxe, a reflexión pérdese no fume do artificio diario e superficial. Trapalladas.
O Padre Rubén Aramburu Molet fou meu tutor no Seminario Menor de la Asunción noutros tempos non tan lonxanos nin distintos. A influencia que puido causar no meu crecemento vital e, se se quere, espiritual foi bastante importante, supoño. O outro día saíu nun programa da TVG, doume o aviso miña irmá, e busqueino en internet, vino onte e emocioneime un pouco, así que estes días ando cavilando sobre a miña evolución vital, e se se quere, espiritual: e digo eu que vai tirando, supoño.


Safe Creative #0812200054710
Free Counter