Medio morriñento.

   Ó son da muiñeira de Chantada din por chorar, eu non quería, e Dios me aparte de que alguén soubese de tal mixiricada, pero pasar pasou, e que lle imos facer.
  Ando medio morriñento últimamente..., será porque fai frío e chove algo aquí na illa, será pola triste feira de gando que me lembrou tratantes de maior categoría e menos educación cós de Sineu, será eso, será que xa non queda xente que faga xuramentos con estilo, ou serán tamén os políticos corruptos de UM, ós que o señor Baltar ben lles podía dar unhas leccións de como roubar sen "aghachadillos"; será que me fago vello ou será que pasaron máis de dous anos dende a última vez que pisei Galicia, será que xa non falo galego e disque teño acento raro, será que fixen coincidir a miña viaxe á casiña co Forum Gastronómico de Santiago con escasa esperanza de que alguén que conseguise unha entrada sen pagar un peso, ou será que o outro día, remexendo por internet vin unhas letras que decían: "Acreditación para bloggers", e será tamén que alá mandei unha solicitude respostada de seguido coa imaxe que ilusta este post: "Confirmación acreditación".
   E ese que sale rindo na foto ben podía ser eu.

Safe Creative #0812200054710
Free Counter